[gl-ES] general.skip_to_content

Conclusión

Desde tempos antiguos, os filósofos teñen reflexionado sobre a Paradoxa de Javascript: dunha banda, non podes esperar a que saquen excitantes novidades na linguaxe e librarías que fagan a túa experiencia de desenvolvedor moito mellor.

Pero á vez, pides estabilidade e simpleza para poder facer as cousas sen ter que empregar a metade de teu tempo navegando entre enguedellados fios en GitHub e preguntas obsoletas en Stack Overflow.

Así, que vai ser desta? Queremos o máis novo e brilante, ou queremos o vello pero fiable? Máis que nunca, 2020 amosa que non nos conformaremos con outra cousa que ambalas. A boa nova é que a comunidade de JavaScript asume o reto, o que augura un 2021 excitante!

P.S.: se inda segues con gañas de máis estadísticas sobre JavaScript recomendamosche que visites o ranking anual Rising Stars de Best Of JS.

Mantente Conectado

Se queres saber cando sacaremos resultados adicionais ou cando anunciaremos a edición do ano que ven, só deixanos o teu correo electrónico aquí debaixo: